Infraestruturas
Infrastruturas que conectan territorio e capacidade dixital
Rurix integra redes FTTH rurais, rutas de transporte de longa distancia e nodos de interconexión nunha mesma plataforma de infraestruturas dixitais.
A rede combina despregamentos de Asteo Red Neutra e Rede Aberta en España con proxectos de conectividade ibérica e atlántica. Desde municipios e pedanías ata centros de datos, operadores e corredores internacionais, estas infraestruturas amplían as opcións de conectividade e interconexión.
Transporte Longhaul Ibérico
Venus España e Portugal
Venus España–Portugal é un corredor de comunicacións de longa distancia desenvolvido desde a plataforma rural de infraestruturas dixitais de Rurix , a través de Asteo Red Neutra, para reforzar a conectividade entre Madrid, Lisboa e os grandes hubs internacionais.
Sobre a base das redes de Asteo, o proxecto crea novas rutas backbone de alta capacidade e baixa latencia que incrementan a redundancia e melloran a resiliencia do corredor atlántico ibérico.
A infraestrutura de Venus España e Portugal apóiase en tecnoloxía DWDM de última xeración e nunha arquitectura de rede preparada para o futuro, deseñada para escalar de forma eficiente ante o crecemento do tráfico de datos, a expansión do cloud e o despregamento de servizos de intelixencia artificial e edge.
Grazas ao seu modelo neutral e aberto, este corredor permite a operadores, hyperscalers e provedores cloud acceder a unha capacidade de transporte robusta e flexible, conectando a capacidade internacional coa capilaridade do territorio rural.
Corredor ibérico
Madrid ↔ Lisboa
Alta capacidade · DWDM · Redundante
Tecnoloxía
DWDM última xeración
Modelo
Neutral e aberto
Cobertura
Madrid · Lisboa
Financiamento
CEF Digital / HaDEA
O proxecto Venus España e Portugal está cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa CEF Digital e conta co apoio da Axencia Executiva Europea nos ámbitos da Saúde e Dixital (HaDEA), o que reforza o seu papel como infraestrutura estratéxica para a transformación dixital do suroeste europeo.

Fibra ata o fogar rural
Rede FTTH en zonas rurais
Redes FTTH rurais en máis de 2.300 núcleos de poboación de Castela e León, Castela-A Mancha, incluído Cidade Real, Galicia e a Comunidade de Madrid.
A través dun modelo almacenista neutro estas infraestruturas permiten que operadores nacionais, rexionais e de proximidade ofrezan servizos de banda larga ultrarrápida aos residentes en municipios rurais, polígonos industriais e contornas empresariais que historicamente estiveron desatendidos.
Ao integrar baixo unha mesma plataforma os despregues FTTH de Rede Aberta en Galicia e de Asteo Red Neutra en Castela e León, Castela-A Mancha, incluído Cidade Real, Estremadura e Madrid, representan unha das maiores redes de fibra neutra rural de España, preparada para seguir medrando en fogares, empresas e novos nodos dixitais nos próximos anos.
Cobertura por Comunidade Autónoma
Castela e León
Ávila
Burgos
León
Segovia
Salamanca
Valladolid
Zamora
Galicia
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Estremadura
Cáceres
Badaxoz
Castela-A Mancha
Ciudad Real
Toledo
Comunidade de Madrid
Madrid
Tecnoloxía XGSPON
Con tecnoloxía XGSPON as redes FTTH de Asteo Red Neutra e Rede Aberta, integradas na plataforma Rurix, conectan centos de municipios pequenos coas grandes redes troncaise, habilitando velocidades de nova xeración en localidades que, en moitos casos, contan con menos de 1.000 habitantes.
Rede de última xeración
Esta capilaridade territorial apóiase en arquitecturas de rede de última xeración, deseñadas para seren escalables, resilientes e preparadas para o futuro, de xeito que poidan acompañar o crecemento do tráfico de datos, a expansión do cloud e a adopción de novos servizos dixitais avanzados sen necesidade de substitucións disruptivas.
Programa ÚNICO Banda Larga
Os desenvolvementos da rede FTTH en Burgos, A Coruña, Pontevedra, Salamanca e Segovia contaron co apoio do Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión – UNICO Banda Ancha, promovido polo Ministerio para a Transformación Dixital e financiado en parte mediante fondos europeos.
Burgos
A Coruña
Pontevedra
Salamanca
Segovia
Punto neutro de conectividade en Galicia
Galnix
Galnix, situado en Santiago de Compostela, é o primeiro punto neutro de conectividade de Galicia, que sitúa á comunidade no mapa dos grandes nodos de intercambio de tráfico de datos. Permite reducir ata un 75% a distancia que os datos deben percorrer fronte a rutas que dependen de nodos afastados, mellorando de forma notable a latencia.
Galnix actúa como punto de interconexión neutral para operadores, empresas, universidades e administracións públicas. Ao centralizar o intercambio de tráfico simplifica a interconexión entre redes e mellora a eficiencia das comunicacións en todo o ecosistema dixital galego. Isto tradúcese nunha menor latencia, unha navegación máis áxil e unha interconectividade máis robusta para servizos dixitais críticos.
A xestión e monitorización do tráfico máis cercana é clave para smart cities, telemedicina, automatización industrial e comercio electrónico polo que Galnix beneficia tanto a entornos urbanos como a zonas rurais.
O proxecto conta co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), que o respalda polo seu carácter innovador e pola súa capacidade para impulsar a transformación dixital de Galicia, con especial foco en pemes, sectores emerxentes e territorio rural.
Galnix forma parte do portafolio de infraestruturas e proxectos da plataforma Rurix a través de Rede Aberta, participante no seu desenvolvemento xunto con cloud.gal e Norvoz Telecom.
Galnix complementa as redes FTTH rurais e os proxectos de longa distancia cun nodo neutral que optimiza o fluxo de datos e fortalece a posición de Galicia no entorno dixital.
Galnix — Santiago de Compostela
IXP Galicia
Primeiro punto neutro de conectividade galego
Beneficios clave
Intercambio local de tráfico
Menor percorrido dos datos
Mellora da interconexión
Apoio a servizos dixitais
Impulso ao ecosistema galego
Estudo do corredor dixital do Arco Atlántico
Arco Atlántico: estudo do corredor dixital do Arco Atlántico
Atlantic Arc é un proxecto de estudo impulsado por Rede Aberta e cofinanciado polo programa CEF Digital a través da Axencia Executiva Europea nos ámbitos da Saúde e Dixital (HaDEA) da Unión Europea.
O seu obxectivo é deseñar unha futura rede troncal terrestre de alta capacidade ao longo do corredor atlántico europeo, asentando as bases técnicas e estratéxicas para unha nova “autopista de datos” no Arco Atlántico.
O estudo analizará un trazado de case 2.000 km que conectará cidades clave do litoral atlántico, desde Bordeos ata Lisboa. O corredor previsto enlaza Sines, Lisboa e Porto con Vigo, A Coruña, Xixón, Santander e Bilbao, estendéndose cara a Baiona e culminando en Bordeos, e incorporando a relación con estacións de amarre de cables submarinos e grandes centros de datos da rexión.
Atlantic Arc é o paso previo imprescindible para definir como debe ser esa infraestrutura: rutas, capacidades, interconexións, nodos críticos e modelos de gobernanza neutral e aberta. O proxecto avaliará solucións que permitan reforzar a interconexión transfronteiriza entre Portugal, España e Francia, mellorar a resiliencia das rutas existentes e contar cunha rede preparada para soportar o crecemento do tráfico de datos, o cloud e a intelixencia artificial na rexión atlántica.
A participación de Rede Aberta asegura que o deseño do futuro backbone teña en conta tanto os grandes hubs urbanos como as posibles extensións cara a zonas rurais, avanzando cara a unha conectividade máis inclusiva en todo o Arco Atlántico.
A través de Rede Aberta, Atlantic Arc intégrase no portafolio de proxectos estratéxicos de Rurix, reforzando o seu papel como plataforma de infraestruturas dixitais que conecta corredores internacionais, ecosistemas cloud e territorios de baixa densidade poboacional.
Distancia estudada
~2.000 km
Países
Portugal · España · Francia
Promotor
Rede Aberta
Financiamento
CEF Digital / HaDEA
Cofinanciado pola UE · Programa CEF Digital · Axencia Executiva HaDEA. Impulsado por Rede Aberta, compañía do grupo Rurix.

CONTACTO
Falemos de capacidade, conectividade e rede
Cóntanos o teu proxecto. O equipo comercial de Rurix analizará a túa solicitude e coordinaraa coa compañía operativa e o equipo técnico correspondentes para definir a solución de infraestrutura e conectividade que mellor se adapte ás túas necesidades.

