/

Coñecemento

Coñecemento

O crecemento das hiperescalares impulsa unha nova xeración de infraestruturas dixitais

O crecemento das hiperescalares impulsa unha nova xeración de infraestruturas dixitais

O crecemento das hiperescalares impulsa unha nova xeración de infraestruturas dixitais

Equipo Rurix

·

·

4 min de lectura

Concepto abstracto de big data e seguridade da información

A expansión do cloud e, especialmente, da intelixencia artificial está acelerando a construción de grandes centros de datos en todo o mundo.

No centro deste crecemento atópanse os hiperescalares, grandes compañías tecnolóxicas capaces de despregar enormes infraestruturas de computación, almacenamento e procesamento de datos.

A IA cambia as necesidades do mercado

O adestramento e funcionamento de grandes modelos de intelixencia artificial requiren miles de servidores e procesadores traballando simultaneamente.

Isto está incrementando dúas necesidades fundamentais para os novos centros de datos: enerxía e conectividade.

A Axencia Internacional da Enerxía estima que o consumo eléctrico mundial dos centros de datos podería alcanzar aproximadamente 945 TWh en 2030, máis do dobre que na actualidade.

Pero dispoñer de enerxía no é suficiente.

Os hiperescalares precisan tamén conexións de fibra de alta capacidade que permitan comunicar diferentes centros de datos, rexións cloud e puntos de intercambio de tráfico.

A conectividade gaña protagonismo

A localización dun centro de datos depende de cada vez máis factores como a dispoñibilidade enerxética, o acceso a chan, a proximidade a redes de fibra e a existencia de rutas alternativas.

Isto está favorecendo a aparición de novos corredores dixitais fóra dos grandes hubs tradicionais.

Ademais, o crecemento de grandes campus de intelixencia artificial está aumentando a importancia do Data Center Interconnect (DCI) e das redes ópticas de longa distancia.

Centros de datos e telecomunicacións forman xa parte dunha mesma infraestrutura.

Nos vindeiros anos, dispoñer de fibra, baixa latencia, rutas diversificadas e capacidade escalable será un factor cada vez máis determinante para atraer proxectos tecnolóxicos e hiperescalares.

Neste escenario, Rurix busca achegar novos territorios aos principais hubs dixitais mediante unha infraestrutura neutral e de longa distancia.

Rurix