/

Coñecemento

Coñecemento

O 5G entra nunha nova etapa: da cobertura á capacidade

O 5G entra nunha nova etapa: da cobertura á capacidade

O 5G entra nunha nova etapa: da cobertura á capacidade

Equipo Rurix

·

·

4 min de lectura

Torre de telecomunicacións con antenas e radioenlaces

Tras varios anos centrados en despregar infraestrutura e ampliar cobertura, o 5G comeza unha nova fase.

En España, la cobertura 5G supera xa o 99% da poboación, polo que o reto empeza a desprazarse desde o alcance da rede cara ás capacidades que pode ofrecer.

Tecnoloxías como 5G Standalone, 5G-Advanced, network slicing ou edge computing serán fundamentais nesta nova etapa.

5G Standalone, o seguinte paso

Moitos dos primeiros despregues 5G apoiábanse parcialmente en infraestruturas 4G mediante arquitecturas coñecidas como Non-Standalone.

5G Standalone utiliza, en cambio, un núcleo deseñado especificamente para 5G.

Isto permite aproveitar mellor capacidades como a baixa latencia, as redes privadas ou o network slicing, unha tecnoloxía que permite crear diferentes redes virtuais sobre unha mesma infraestrutura física.

Así, determinados clientes ou aplicacións poden dispoñer de características específicas de capacidade, dispoñibilidade ou latencia.

5G-Advanced e novas aplicacións

Durante 2026 tamén está gañando protagonismo 5G-Advanced, a seguinte evolución tecnolóxica antes da chegada do 6G.

Entre os seus obxectivos atópanse mellorar a capacidade das redes, a eficiencia enerxética, o Internet das cousas e o funcionamento de novas aplicacións relacionadas con intelixencia artificial, industria, robótica ou vehículos conectados.

Detrás do 5G tamén hai fibra

Aínda que o 5G é unha tecnoloxía inalámbrica, o seu funcionamento depende en gran medida das redes de fibra.

As antenas precisan transportar o tráfico ata redes de agregación, centros de datos e núcleos de operadores.

Por iso, a medida que aumenta a capacidade móbil tamén crece a necesidade de contar con infraestruturas ópticas e redes de transporte de alta capacidade.

O futuro do 5G no dependerá unicamente de ampliar cobertura, senón de dispoñer dunha infraestrutura capaz de transportar cada vez máis datos con maior velocidade, fiabilidade e menor latencia.

A presenza da rede de Rurix en zonas rurais pode converterse nun activo estratéxico para facilitar o transporte do tráfico de redes 5G e achegar conectividade de alta capacidade a localizacións afastadas dos grandes núcleos urbanos.

Rurix