SOLUCIÓNS B2B
Conectividade corporativa para empresas e organizacións
Rurix coordina unha proposta de conectividade corporativa baseada nas capacidades de Asteo Red Neutra e Rede Aberta para empresas e organizacións con necesidades de comunicación entre sedes, acceso e interconexión. A solución, a cobertura e a entidade prestadora definiranse en función das necesidades e da localización de cada proxecto.
Son servizos orientados a contornos con operacións distribuídas, sedes interconectadas e procesos dixitais. A proposta B2B apóiase en acceso sobre XGS-PON, servizos grosistas bitstream, circuítos Ethernet/MPLS e transporte óptico DWDM, en función da solución requirida en cada caso.
Solucións B2B
Conectividade corporativa
Circuitos dedicados simétricos para conectividade empresarial
A conectividade corporativa de Rurix baséase en circuítos dedicados simétricos para empresas que precisan conectar sedes, plataformas e outros contornos de rede.
Estas solucións poden integrar acceso sobre XGS-PON, servizos bitstream, circuítos Ethernet/MPLS e enlaces de transporte óptico DWDM.
O enfoque de Rurix combina soporte comercial próximo e capacidade técnica para adaptar a conectividade ás necesidades reais de cada cliente.
Tecnoloxía subxacente
Perfís de cliente
Grandes empresas con múltiples sedes
Pemes con alta dependencia dixital
Entornos industriais e produtivos
Centros sanitarios e educativos
Administracións públicas
Casos de uso
Sectores e aplicacións
Sedes corporativas
Conectividade dedicada para a comunicación entre oficinas, sedes principais e outros puntos da rede corporativa.
Redes multi-sede
Interconexión entre sedes mediante circuítos Ethernet/MPLS y outras solucións de conectividade segundo as necesidades de cada organización.
Entornos produtivos
Conectividade para instalacións industriais, centros loxísticos, organizacións sanitarias e outros contornos con operacións distribuídas.
Aplicacións cloud
Conectividade entre sedes corporativas, infraestruturas de datos e contornas cloud.
CONTACTO
Falemos de capacidade, conectividade e rede
Cóntanos o teu proxecto. O equipo comercial de Rurix analizará a túa solicitude e coordinaraa coa compañía operativa e o equipo técnico correspondentes para definir a solución de infraestrutura e conectividade que mellor se adapte ás túas necesidades.
